Xunto á devandita rúa, o Concello está a executar tamén a humanización de Santa Mariña, sumando un investimento próximo aos 700.000 euros; efectuáronse melloras por valor de 350.000 euros no alumeado, case medio millón de euros máis para asfaltados, novas beirarrúas e fontes, instaláronse 35 bancos e remodeláronse sete parques infantís cun custo de 62.000 euros máis, ademáis arranxáronse pistas deportivas e zonas axardinadas de Cabral.