Cultura Destacados

A derradeira Peque-Ruta do O Coto, mañán, tras los pasos dos homes de Sherwood, polo Río Barosa

Na derradeira andaina diurna da tempada cubriránse 4 kilómetros de sensacións ao longo dun treito fogar de dragóns, os montes por onde estivo Sherk co asno parlante e onde din que viuse ao mesmo Robin Hood, que agora chámase Carrapuxo o Inglés.

 

Maria_Sanjiao-Parque_Rio_Barosa-Barro-Pontevedra_14-08-07__2_Onde vas pasar mellor o domingo que percorrendo a pe o mellor de Galicia?…salvedade feita da provincia de Lugo, craro está. Como parece que o tempo acompaña, e non hai menor xeito de entrar con bo paso no verán, a Asociación Cultural ‘O Coto’ despide as ‘Peque-Rutas’ diurnas desta tempada propoñendo unha mixtura coa aventura.

Non se trata de camuflarxe entre os fentos ou facer de Tarzán, aínda que non hai desbotar ningunha idea para o ano que ven, se non, de meterse no corpo o Río Barosa, por Barro, e mañán, esa é a cousa: na derradeira andaina cubriránse 4 kilómetros de sensacións ao longo dun treito fogar de fadas e dragóns, os montes por onde estivo Sherk co asno parlante e onde din que viuse o mesmo Robin Hood, que agora chámase Carrapuxo o Inglés. Os que queiran disfrutar deste paseo teñen que estar ás 11 no Colexio Carballal…pero as 11, que estas aventuras non esperan aos que non se erguen cedo…ou alguén se cre que os cabaleiros da Táboa Redonda eran uns perguiceiros?

También te puede interesar