Este venres, día 6 comezan as ‘IV Xornadas do Mar’, que organiza a Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello.
Coa declaración do ‘Tesouro Humano Vivo do Casco Vello’ en 1989, a UNESCO, recomendou aos Estados a Salvagarda das Cultura Tradicional e Popular, exhórtandonos a preservar a cultura autóctona nos seus países respectivos, culminando no 2003 coa adopción da Convención para a salvagarda do Patrimonio Cultural inmaterial, onde se propuña aos gobernos dos estados, aos gobernos locais e mesmo ás propias comunidades, a tarvés do seu tecido asociativo, o levantamento de listados de Patrimonio inmaterial, e a facer tamén un relatorio das persoas que posúan as habilidades que fan que ese patrimonio se trasmita para coñecemento das novas xeracións. Son os chamados “Tesouros Humanos Vivos”.