O mércores, día 11 de setembro, comezarán en Galicia as clases nos ciclos de Infantil, Primaria e Educación especial para 196.900 nenas e nenos, o que supón un 0,5 % menos ca no curso 2018/19, segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Educación.
Educación Infantil
Segundo estimacións da Xunta, 59.519 alumnos comezarán este ano nas aulas de educación infantil, o que supón un 0,1 % máis ca no curso 2018/19.
Educación Primaria
Por outra banda, as mesmas previsións que manexa a Consellería indican que 136.161 alumnos tamén comezarán o mércores as clases de educación primaria en Galicia, o que supón practicamente a mesma cifra ca no curso anterior (un 0,8% menos).
Educación especial
No que atinxe á educación especial, o número estimado de matriculados para este curso é de 1.220, en total 32 alumnos máis que o ano pasado.