A Área Sanitaria de Vigo recibiu este martes a 78 alumnos da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago-57 mulleres e 21 homes- que cursarán sexto ano de grao nos centros sanitarios públicos vigueses.
25 profesores asociados e 549 colaboradores
Os alumnos de Medicina realizan o seu último ano nun hospital, cun curso práctico no que se lles imparte un programa docente baseado na rotación por diferentes especialidades médicas e cirúrxicas.
En total, traballan sete materias: clínica médica, clínica cirúrxica, urxencias e servizos centrais, clínica obstétrica e xinecolóxica, clínica pediátrica, clínica psiquiátrica e medicina familiar e comunitaria. Durante este período lectivo, os alumnos cumpren un horario de 8.00 á 15.00 horas, e tamén realizan gardas.
A docencia deste curso será impartida por 25 profesores asociados e 549 colaboradores docentes do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI).