É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer más@abelcaballero e Corina Porro, no colexio o primeiro día de clase
O alcalde e a delegada da Xunta en Vigo acudiron, por separado, a varios colexios este mércores, coincidindo co inicio do curso escolar 2019-2020 en Infantil, Primaria e Educación Especial.
23.611 estudantes
Abel Caballero, que estivo no CEIP Escultor Acuña, sinalou que hoxe comezaban o curso na cidade 23.611 rapazas e rapaces, uns 300 máis que o curso pasado, con 7.069 estudantes na etapa de Infantil; 3.165 en colexios públicos e 3.848 en concertados. No caso da Educación Primaria, de 6 a 12 anos, nos centros públicos comezan o curso 7.226 alumnos e 9.070 nos concertados, amais de 196 estudantes en Educación Especial.
Plans de tráfico
O alcalde informou da posta en marcha dos plans de tráfico en preto de cen centros educativos da cidade, “todos os que os solicitaron”, para favorecer a circulación dos vehículos nos momentos de entrada e saída co fin de que sexa “o máis fluída posible”, instando a todos os centros que queiran dispoñer deste servizo a solicitalo no Concello.
Corina Porro
A delegada da Xunta na cidade acompañou, pola súa banda, ao alumnado do CEIP García Barbón e o CEIP San Salvador de Teis
Corina Porro salientou os “22 millóns destinados pola Xunta, desde o 2009, só en obras aos distintos centros vigueses e que converten a Vigo no concello de Galicia con maior investimento neste ámbito”.
Neste senso, a delegada asegurou que a Xunta, a través da Consellería de Educación Universidade e Formación Profesional, ten activadas inversións por valor de 1,6 millóns de euros en obras e reformas de 16 centros educativos de primaria e secundaria en Vigo.
Ademais da que cualificou coma “máis relevante”, a rehabilitación integral do CEIP García Barbón por un importe que supera os 752.000€, Porro fixo mención a obras xa rematadas coma as do CEIP Santa Mariña (120.816,43€) e CEIP San Salvador de Teis (129.877,32€), CEIP Ramón y Cajal (18.000€), CEIP Vicente Risco (45.000€), CEIP Párroco Don Camilo (60.000€), CEIP Otero Pedrayo (60.000€) e o IES Carlos Casares (33.313€).