Unha veintena de cidades e vilas galegas celebrarán este venres a ‘Noite Violeta’-Vigo, 21:00h. Praza da Pedra– convocada polos colectivos feministas en máis de 200 localidades de todo o Estado tras a declaración da Emerxencia Feminista proclamada en Alicante o pasado 20 de agosto.
A secretaria de Feminismos de Podemos Galicia, Verónica Hermida, manifestou hoxe o apoio total do partido a esas convocatorias, ás que asistirán os cargos orgánicos da formación, e lembrou que a declaración da Emerxencia Feminista responde ao intolerable deterioro da situación dos dereitos e liberdades das mulleres.
“No mes de xullo, unha muller foi asasinada cada dous días. Van máis de cuarenta no que levamos de ano.Os delitos sexuais creceron un 50% entre xullo e agosto, se denuncia unha violación cada seis día horas, é dicir catro ao día, e no que levamos de 2019, duplicouse o número de violacións con respecto a anos anteriores. Alguén pensa que podemos falar de normalidade?”, subliñou Hermida.
As convocantes das concentracións da Noite Violeta advirten de que “algo está a fallar” cando, a pesar de que temos unhas leis pioneiras en igualdade e en loita contra a violencia de xénero, e de que temos un Pacto de Estado nesa materia recentemente asinado , as mulleres vemos como a diario se restrinxen os nosos dereitos e libertades: o dereito á vida, o dereito á integridade sexual, o dereito ao honor e, en definitiva, o dereito a vivir en paz”.
Por elo, esixen que se garantan os medios adecuados para sensibilizar, visibilizar e concienciar a sociedade sobre a violencia de xénero como un problema público; a aplicación inmediata das medidas contidas no Pacto de estado e na Lei Integral contra a Violencia de Xénero; a dotación orzamentaria adecuada e suficiente para aplicar as medidas preventivas contra a violencia de xénero e para a protección e recuperación das víctimas; e a necesaria formación en materia de igualdade para os operadores xurídicos, de xeito que se garanta que as leis interprétanse e aplícanse con perspectiva de xénero.
As concentracións da Noite Violeta en Galicia celebraranse en A Gudiña, Ames, Arteixo, Cambados, Cangas, Cee, Compostela, A Coruña, O Courel, Cuntis, Ferrol, Foz, Lalín, Marín, Miño, Mondariz, Noia, Ourense, Padrón, Pontevedra, Poio, Ribeira, Teo, Vedra, Verín, Vilagarcía e Vigo