Marea de Vigo trasladou, a través da eurodeputada Sira Rego, as dúbidas sobre a xustificación do financiamento con fondos europeos dos proxectos da rampa mecánica de Gran Vía e da peatonalización da Porta do Sol, fondos que se enmarcan dentro das Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integradas (DUSI), co-financiadas en un 80% pola Unión Europea.
Falla de participación cidadá
Dende Marea de Vigo sinálese, nos escritos enviados á UE, que na estratexia para a implementación destes fondos europeos, e tal e como reflicten as bases do proxecto, “a participación cidadá e dos axentes sociais debe estar presente no proceso de redacción dos proxectos, no seu seguimento e mesmo na avaliación do cumprimento dos obxectivos marcados, algo inexistente actualmente”.
‘Tala masiva de árbores’
No escrito, Marea de Vigo- considera que “o proxecto contempla a tala masiva de árbores de grande porte con más de 70 anos e o traslado e plantación de 29 laranxos e 45 camelios, que forman parte da Gran Vía dende hai máis de 40 anos”.
Do mesmo xeito, engádese o informe dun “perito agrónomo” recomendando a tala de 13 tileiras y 41 castiñeiros por atoparse “enfermos” sen máis explicacións nin avaliacións sobre posibles tratamentos fitosanitarios alternativos.
Marea de Vigo pregunta á Comisión europea se pensa dar seguimento e control aos proxectos; e, de detectar irregularidades instará ao Concello a subsanar os erros así como a paralizar os fondos se non se axustan ao uso para eles establecido.