O concelleiro Xabier P.Igrexas e a deputada do BNG Montse Prado, mantiveron este luns un un encontro co colectivo “Enfermeiras Sen Cadeas”que leva meses a mobilizarse en contra das condicións de “case escravitude que o Sevizo Galego de Saúde (Sergas) lles está a imponer”.
Na xuntanza, as representantes de “Enfermeiras Sen Cadeas” debullaron a penosa situación que padecen, marcada pola eventualidade cun réxime de chamamentos que impide a conciliación familiar, por non teren horarios programados e a extensión das xornadas, e que agravará o chamado “contrato de continuidade”.
Aliás, as enfermeiras denuncian que a eventualidade forza a rotación do persoal asignando a persoas con escasa experiencia a labores críticas como a atención a quirófanos ou o servizo de neonatoloxía.