Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer más@ConcelloNigran busca evitar os atropelos mellorando o alumeado en nove rúas
O goberno local de Nigrán “extremará as medidas” para eliminar os atropelos en pasos de peóns do municipio introducindo neles un reforzo lumínico extra, por importe de 18.000 € a cargo do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.
O obxectivo é “mellorar a seguridade do camiñante e do conductor” en viais de titularidade municipal onde os pasos non están regulados semafóricamente e resultan especialmente perigosos, cuestión que tamén demandaran as diferentes entidades veciñais.
Así, estos reforzos serán instalados por operarios municipais nas vindeiras semanas en nove rúas: Arquitecto Palacios con Cidade de Vigo (Panxón); Torrente Ballester, Manuel Lemos e Avenida de Portugal (A Ramallosa); Rosalía de Castro, Val Miñor e José María Pérez Alonso (Nigrán); e San Roque (Camos).
Os conxuntos de reforzo lumínico serán de iguais características aos instalados pola Deputación nos viais provinciais co obxectivo de manter a mesma estética. Así, constarán dunha columna de iluminación led de ata 6 metros de altura que teña integrada unha placa decorativa de aceiro inoxidable brillante co escudo do Concello de Nigrán cortado a láser.