Non garanten ao conselleiro de Sanidade o mantemento dos postos de traballlo so a disposición a “manter unha canle de comunicación”
A Consellería de Sanidade convocou hoxe aos representantes de Povisa a unha reunión en Santiago para solicitarlles información sobre a posible venda da clínica privada viguesa coa que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) mantén un concerto en vigor para a prestación de asistencia sanitaria na área de Vigo.
No transcurso desa reunión, á que asistiu o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, acompañado polo equipo directivo do Sergas, segundo informa o Goberno de Galicia, “os representantes de Povisa e de Ribera Salud, confirmáronlle que as negociacións entre ambos atópanse xa moi avanzadas”.
Sen garantir os postos de traballo
Pola súa banda, o Sergas trasladoulles o seu posicionamento ao respecto, para que, en caso de que as negociacións frutifiquen cun cambio de titularidade na propiedade do centro hospitalario, se garantan tanto a calidade asistencial na área sanitaria como o mantemento dos postos de traballo, tal e como se recolle nos acordos do Sergas cos actuais propietarios.
A resposta de ambas partes, coma indica o Sergas nunha nota de presa foi, literalmente, “neste sentido, ambas as dúas partes empresariais amosaron a súa disposición a manter unha canle de información permanente co Sergas sobre o desenvolvemento das negociacións que están iniciadas”.
O último concerto do Sergas con Povisa para a prestación de servizos asistenciais médico hospitalarios asinouse o 1 de setembro e ten unha duración prevista ata o 31 de agosto de 2022.