Galicia Sucesos

O Tribunal de Xustiza de Galicia ordena ao Concello de Ponteareas que derrube o hipermercado Eroski

O TSXG (Tribunal Superior de Xustiza de Galicia) requiríu ao Concello de Ponteareas para demoler-no prazo máximo dun ano- o hipermercado Eroski, situado na parroquia de Angoares,

O tribunal esixe ao Goberno Local que inicie os trámites nun mes e que o manteña informado “trimestralmente” das actuacións que se realicen. No caso de incumprimento das instrucións dadas, os funcionarios responsabeis ou o propio alcalde poderían ser sancionados economicamente.

Construido durante o goberno de Nava Castro

O hipermercado construíuse no ano 2002 logo de que o goberno presidido por Nava Castro lle outorgara licenza un mes antes da decisión da Xunta de Galicia de suspender as normas urbanísticas. A licenza foi recorrida pola administración autonómica e os tribunais declarárona nula por sentenza no ano 2008.

O Concello podería ter que responder económicamente

O feito de que a obra se iniciase con licenza abre a posibilidade de que o Concello teña que responder economicamente dos prexuízos que a demolición implicará para os propietarios, xerando o risco para a administración local de indemnizacións de elevada contía.

También te puede interesar