Galicia

Galicia pechou o verán acadando a maior cifra de ingresos do sector hoteleiro da súa historia:98 millóns

Segundo informou este xoves o presidente do Goberno galego, 1,5 millóns de persoas visitaron Galicia e rexistráronse preto de 4 millóns de pernoitas, a segunda cifra máis elevada da serie histórica.

“Este dato sitúa á nosa Comunidade como a segunda na que máis medrou a demanda hoteleira nos meses de xullo e agosto”, engadiu o presidente Feijóo.

Dacordo cos datos que ten o Goberno, a mellora turística non só é cuantitativa, senón que tamén se experimentou unha mellora por riba da media estatal dos indicadores asociados á calidade. Como por exemplo: a rendibilidade dos establecementos hoteleiros, a ocupación, ou a estadía media.

Medra o turismo estatal e o internacional

En relación á procedencia dos visitantes, tanto o turismo nacional como o internacional medraron nun 5,1% e 4,3% respectivamente. No caso do turismo estranxeiro é a a segunda cifra máis elevada da serie histórica grazas á crecente proxección exterior, e xa representa o 19% da demanda da Comunidade.

O informe reflicte un comportamento positivo de todas as tipoloxías de aloxamento, tanto na demanda de hoteis (+4,8%), pensións (+5,7), apartamentos turísticos (+14), cámpings (+2,5%) e turismo rural (+4%).

Para finalizar, o presidente explicou que por provincias, Pontevedra liderou a demanda con 1,4 millóns de pernoitas, seguida pola Coruña con 1,1 millóns, Lugo con 412.415 e Ourense con 185.712, sendo Lugo a que máis creceu.

Por outra banda, os principais destinos  urbanos foron por esta orde: Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Lugo, Pontevedra, Ourense e Ferrol.

También te puede interesar