En Marea presentou no Parlamento de Galicia unha proposición non de lei para dar unha saída eficaz ao conflito aberto coa venta de Povisa a un grupo estranxeiro, “que pon en perigo a atención sanitaria de cualidade para moitas galegas e galegos ademais de facer perigar os postos de traballo dos profesionais da saúde que traballan nese hospital vigués”.
Segundo defende a deputada Paula Vázquez, o que ten sentido desde o punto de vista de manter a cualidade asistencial e a plantilla actual “é que sexa o propio Servizo Galego de Saúde (Sergas), o que se faga cargo de Povisa”, coma xa propuxera tamén o BNG.
Para En Marea o que ten sentido é que o Sergas asuma directamente a xestíón de Povisa,” tendo en conta que de feito xa é quen asume todos os custes de atención dese hospital ademais de pagar o beneficio da empresa que o xestiona, un beneficio que se aforraría no caso de que Povisa pasara a ser un centro público”.