As Neves deu comezo, o pasado xoves ás actividades do programa da ‘XIV Festa do Tinto das Rías Baixas’, que seguirá, con diferentes propostas, ata o vindeiro día 12.
Nesta ocasión foi o turno da ‘Cata-maridaxe A catro mans’, no Restaurante ‘Horta e Viño’ do Hotel Nande, cos chefs Fran Sotelino e Rui Ribeiro.
Os asistentes á mesma gozaron de cinco pratos salgados e dous doces, con dous viños brancos para comezar, catro tintos e un rosado espumoso, todos eles dad dúas beiras do Miño. O menú abragueu navallas de Fisterra, con Albariño Selección Señorío de Rubiós; lingua de tenreira galega, cun viño do Condado; alubias de Lourenzá con boletus e mexilones de Aldán, con Viño Verde Zafirah; bacallau ao Albariño con crema da batata e Viño Verde Adega do Sessego; carrilleira de ibérico con cabazo; tarta de queixo con chocolate branco, con viño tinto Selección Señorío de Rubiós e crema de Requeixo de As Neves con chocolate, con viño rosado espumoso Nande.
Andaina, o sábado
Onte, día 5, sairon dende a Praza do Concello, os participantes na ‘Andaina do Tinto Rías Baixas’, que durante dúas horas percorreu viñedos de As Neves, completado a xornada cun ‘concerto no solpor’ e a degustación de pincho e viño da D.O. Rías Baixas no Hotel Nande.
V Ruta dos pinchos
Ese mesmo día, e ata o venres, 11, desenrolarase a ‘V Ruta dos pinchos do Tinto Rías Baixas’, no que participan os principais locais de restauración de As Neves, ofrecendo pincho e viño a un prezo de 2,5€.
O sábado 12, Neves Rodríguez e Uxía
O ‘día forte’ da ‘Festa do Tinto’ deste ano empezará ás 10:30 h. coa apertura da Festa, dará paso ás 13:00h. ao pregón a cargo da actriz e presentadora de televisión Neves Rodríguez, quen abrirá unha xornada na que ademais do protagonismo do viño e da gastronomía, haberá música e actividades pensadas para os máis pequenos.
Un dos intres máis agardados será condo Uxía empece o seu concerto-ás 8 da tarde-, e poña o final de ouro á celebración deste ano.