Galicia

@RecortesCero presenta en Vigo a súa candidatura das ’52 mulleres’ para as Eleccións Xerais

A coalición Recortes Cero-Grupo Verde presentou as súas candidaturas en Pontevedra, con Pastora Fernández como cabeza de lista, nun acto no que estiveron presentes Carlos Vázquez, candidato ao Senado, e Matias Villarejo, candidato número 5 por Pontevedra.

Redistribuir a riqueza

O centro do programa é “Redistribuir a riqueza” fronte á recesión que se aveciña e defender que a unidade do pobo en toda España é progresista. O 10 de novembro as papeleteas de Recortes Cero- Grupo Verde estarán presentes en todos os colexios electorais das 52 circunscripciones, con 52 mulleres como cabezas de lista, catro en Galicia, converténdose na primeira candidatura que, non só o  fai, senón que o repite por segunda vez tralo 28 de abril.

Pastora Fernández subliñou na súa intervención que desde o 28 de abril, non pasou moito tempo pero si moitas cousas, “os rumores de recesión económica convertéronse en certezas, e isto sabemos o que significa para a inmensa maioría de nós: recortes”. Esta é, para Recortes Cero ? Grupo Verde a importancia da cita do electoral

A cabeza de lista da coalición insistiu na pregunta “que teñen que responder todas as candidatas e candidatos: cal é a súa alternativa ante a recesión económica?”. Para Recortes Cero-Grupo Verde é Redistribuir a Riqueza, “que non significa “repartila”e moito menos aumentar o gasto público”. Segundo Pastora Fernández redistribuir a riqueza é “administrar os enormes recursos que producimos para xerar nova riqueza e emprego, ao servició da inmensa maioría e do noso país”.

Recortes Cero-Grupo Verde marca diferenzas co resto de candidaturas, por exemplo, coas pensións. “Hai que blindar as pensións na Constitución, como defendemos desde o noso nacemento, pero iso non significa blindar o IPC ou o Pacto de Toledo, significa transformalas nun dereito fundamental, prohibindo de forma explícita a súa privatización e a perda de poder adquisitivo”.

En Vigo Recortes Cero-Grupo Verde denuncia a compra por un fondo voitre americano o que xa era un hospital privado, Povisa, cuxa carácteristica é que dá cobertura a 150.000 vigueses.

También te puede interesar