Vigo al minuto

#GaliciaEnComún alerta sobre o novo recheo de Bouzas e anuncia que levará o mesmo a Estrasburgo

Os deputados de Galicia en Común, Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino, estiveron este xoves en Bouzas acompañado do tamén deputado ecoloxista Juantxo López de Uralde, para denunciar que os recheos nas nosas rías “son un paso máis para o seu deterioro”.

“Os recheos nas nosas rías, como o caso de Bouzas, son un escándalo e unha dilapidación dos nosos recursos e dereitos ambientais”, denunciou a deputada Yolanda Díaz.

A voceira no Congreso incidiu en que “non se pode falar de transición enerxéitca cando están acabando cos nosos espazos públicos e coas nosas rías” por iso condenou estes recheos que “destrozan o maior recurso natural de Galicia”.

https://twitter.com/EnComun_Gal/status/1184847858903724032

O tamén deputado Antón Gómez-Reino lembrou que a acción política de Galicia en Común ten como un eixo clave a cuestión ambiental. “Durante estes anos levamos ao Congreso numerosas iniciativas e mocións para defender as rías galegas, e neste campo, Vigo é un exemplo de mobilización cidadá fronte as agresións medio ambientais”.

Ante isto, Gómez-Reino denunciou a “irregularidade do mecaismos do recheo en Bouzas” e sinalou que desde o noso espazo “faremos o necesario para protexer os nosos recursos naturais”. Ademais, lembrou que como representante no Consello de Europa “levará a Estrasburgo a denuncia do estado das rías galegas”.

Pola seu lado, Juantxo López de Uralde, que quixo coñecer de cerca o caso de Bouzas, resaltou que “nos últimos anos, tanto Galicia en Común como o Grupo Confederal no seu conxunto, lideraron a batalla ecoloxista”, como  se demostrou “coa presentación da declaración de emerxencia climática”.

Ante o caso de Bouzas, denunciou a situación e pediu “solucións” para non perder máis recursos naturais nunha zona “tan prezada como Galicia”.

También te puede interesar