Galicia

@Xunta anuncia o investimento de 140 millóns en infrestruturas o vindeiro ano na provincia de Pontevedra

Segundo informa o Goberno de Galicia, os seus orzamentos para 2020 recollen un investimento da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade en Pontevedra de  140 millóns de euros.

En concreto, as contas da Axencia Galega de Infraestruturas na provincia ascenden a máis de 62,25 millóns de euros no ano 2020, e tras verse completada este ano a autovía do Morrazo, continuase apostando por avanzar na vertebración territorial e nas bonificacións da autoestrada AG-57 do Valmiñor, á que se prevé destinar 380.000€ e que se ampliarán ás familias numerosas.

1 millón á rede viaria de Vigo

Este departamento da Xunta destinará 1 millón de euros a continuar traballando na mellora  da rede viaria no propio concello de Vigo, con actuacións xa impulsadas na PO-552, estrada vella de Baiona, e novas na PO-330. E destinará a actuacións de mellora da mobilidade no Morrazo 500.000 euros.

No proxecto de Orzamentos para o vindeiro ano destacan os 3,2 millóns de euros previsto na VAP Tui-A Guarda. O primeiro treito desta vía de altas prestación, que se corresponde co enlace coa AG-55 e co polígono de Areas, está previsto licitarse a finais deste ano ou principios de 2020, grazas aos 3 millóns consignados nos orzamentos de 2019.

Prevense tamén 2 millóns de euros na autovía entre A Ramallosa e A Estrada (AG-59), para rematar o pago de expropiacións e os proxectos construtivos dos dous primeiros treitos, e avanzar na licitación das obras do primeiro deles.

Plan de Sendas

O departamento que dirixe Ethel Vázquez estenderá o Plan de Sendas de Galicia, e no 2020 intensificarase o desenvolvemento da segunda fase deste plan nas comarcas do Morrazo e Pontevedra, e ás que se destina un Orzamento de 3,5 millóns de euros.

As contas da Xunta prevén destinar unha partida de 500.000 euros á Variante de Alba. Á espera de que se dean as circunstancias de consenso necesario para poder licitar as obras no 2020.

Estradas locais

Dende o Goberno galego saliéntase tamén as partidas especificas para actuacións de interese local, como o acondicionamento das estradas PO-230, PO-234 e PO-235, ao seu paso por Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade, Pontecaldelas e A Lama. En total un Orzamento previsto de 1,4 millón de euros ao que se engaden 320.000 euros para melloras viais en Cerdedo- Cotobade .

Seguridade viaria

A seguridade viaria é unha materia prioritaria para o departamento de Infraestruturas da Xunta, polo que o vindeiro ano continuarán as accións de conservación ordinaria e vialidade invernal, reforzos de firmes e conservación extraordinaria, así como a eliminación de tramos de concentración de accidentes nas vías autonómicas da provincia de Pontevedra, a través de partidas que superan os 23,2 millóns euros.

You may also like