Comarcas

Estudantes italianos e croatas visitan centros educativos de Salvaterra

Esta semana, dous  centros educativos do Concello de Salvaterra, o IES de Salvaterra e o CEP Carlos Casares, acollerán alumnado e profesorado  da rexión do Friuli (Italia) e  de Istria (Croacia)  dentro do proxecto europeo Erasmus+ K2 .

Esta mobilidade de alumnado e profesorado será unha das actividades programadas este curso, no terceiro ano de implantación do proxecto,  que baixo o título RUSH( Re-and-up-skilling), participan oito socios que representan a tres rexións cunha lingua propia minorizada: o galego, o friuliano  e o croata.

Os oito socios, deste ambicioso proxecto europeo, no que participan alumnado de Primaria e Secundaria son O CEP Carlos Casares,  o IES  de Salvaterra, a Consellería de Educación, O Convitto Nazionale  Paolo Diácono de Cividale del Friuli (Italia), o Comune de Cividale, a Agjenzie Regjionâl pe la lenghe Furlane, a Scuola Elementare Bernardo Benussi de Rovigno (Croacia) e a Unione Italiana de Croacia.

Actividades académicas conxuntas

Durante a semana están programadas actividades académicas nos centros educativos, actividades conxuntas de ambos centros educativos, visitas culturais e xornadas de traballo do profesorado para a elaboración  de materiais didáctico, deseño de prácticas docentes e liñas de traballo. Nas xornadas de traballo estarán presentes representantes da Consellería de Educación, as direccións  dos centros galegos  o “dirixentes” dos centros italianos e croatas.

Este luns, día  21, o alumnado e profesorado foron recibidos pola alcaldesa de Salvaterra antes de visitar o Museo do Viño, e asistir a xantar de fraternidade e coñecer a vila.

Están programadas actividades  de carácter académico coma a  elaboración dun dicionario dos alimentos en varios idiomas, asistencia ás aulas e actividades  complementarias como a participación nun programa de radio, obradoiro de cociña, horto escolar, plantación de árbores e a celebración  dun Magosto.

Este martes, en Vigo, o mércores Santiago e o xoves Portugal

Este martes 22 , despois da asistencia a clases pola mañá, farán unha visita a Vigo e a  zona de praias. O mércores 23,  o alumnado visitantes, o alumnado acolledor e o profesorado farán unha excursión a Santiago de Compostela. Nesta saída percorrerán un tramo do Camiño de Santiago , visitarán a catedral e a zona vella da cidade. O xoves o tren turístico achegará ao alumnado á Vila de Monçao na que visitarán o Pazo da Breijoeira e a cidade.

A semana pecharase cunha cea de irmandade con todo o alumnado, as familias e o profesorado na que despedirán as delegacións italiana e croata.

También te puede interesar