O colectivo de xubiladas e xubilados e pensionistas da CIG chama a mobilizarse este martes, día 29, en toda Galicia, dando continuidade á campaña “Por unhas pensións públicas dignas e garantidas”.
As mobilizacións están previstas: en Compostela ás 20:00 h. na Praza do Toural; en Vigo ás 19:00 h. na Farola de Urzaiz; en A Coruña ás 19:30 h. no Obelisco; en Lugo ás 19:00 h. na Praza Maior (concello); en Ourense ás 20:00 h. no Parque de San Lázaro (diante do INSS) e en Pontevedra ás 20:00 h. na Praza da Peregrina.
O colectivo denuncia que as pensións galegas son as segundas máis baixas do Estado e que as mulleres son as máis prexudicadas. De feito subliña que un de cada dez pensionistas galegos cobra menos de 415,43€ ao mes.
Por iso exixe a garantía do futuro para as pensións, a fixación, por lei, da pensión mínima igual ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI) e a súa revalorización co ‘precio da vida’ (IPC).