É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másGalicia nunha situación demográfica crítica: hai case 3 mortes por cada nacemento
No primeiro trimestre deste ano o número de nacementos non chegou aos 4.000, algo inédito dende que se teñen datos
A situación demográfica de Galicia é crítica á vista dos datos difundidos polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Dacordo cos mesmos, o primeiro trimestre deste ano o número de nacementos non chegou aos 4.000, algo que ocorre por primeira vez dende que se ten referencia.
En concreto, entre xaneiro e marzo naceron 3.854 galegos, 207 menos que no mesmo período de 2018, candoi foron 4.061. Esta circunstacia é aínda máis preocupante considerando que o ano pasado foi no que houbo menos necementos dende que existen rexistros, o cal apunta a que demográficamente, 2019 pode ser o peor ano da historia en Galicia.
Ourense e Lugo, esmorecen
Máis polo miúdo, analizando os datos por provincias, é posible constatar que en Lugo naceron nestes meses 412 nenos, pero houbo 1.322 mortes, o que supón más de 3 falecementos por cada nacemento; os datos de Ourense aínda son peores: 321 nacementos e 1.326 mortes: máis de 4 falecidos por cada recén nacido.
Na provincia de A Coruña houbo 1.623 nacementos fronte a 3.419 mortes, o que supón máis do dobre de falecementos que de alumeamentos e na provincia de Pontevedra 1.498 nacementos por 2.644 mortes, unha media de 1,7 persoas mortas por cada unha recen nacida.