Entre el 2 junio y el 15 de julio
Leer másA Xunta estudará o xeito de cooperar no remate do comedor social de Cangas
ras unha reunión con representantes da Asociación de Caridade Santiago Apóstol de Cangas, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares, comprometeuse a analizar a solicitude do colectivo para que a Administración autonómica colabore económicamente na construción do comedor social de Cangas.
No transcurso do encontro, a responsable do colectivo, Ángela Rodas, explicoulle a Molares a importante labor benéfica que realizan día tras día ofrecendo bolsas de alimentos, roupa ou repartindo mobles entre as persoas que máis o necesitan; e explicoulle a intención da Asociación de Caridade de poñer en marcha un comedor social na vila, unha nova iniciativa para mellorar a súa labor.
Así, explicoulle a situación que actualmente están atravesando e as dificultades que teñen para poder continuar coas obras do comedor social, que se iniciaron coa colaboración inicial da Deputación de Pontevedra, de Caixanova e coas propias recaudacións que a entidade social logrou entre os veciños. Sen embargo, trasladoulle que as actuais aportacións non son suficientes para continuar a obra, polo que a delegada territorial comprometeuse a visitar o centro e estudiar a súa petición co fin de axudarlles con algunha subvención e así poder poñer en marcha o novo comedor social.