O tema, un que nos tempos que corren interesa a todo o mundo: a crise económica que estará en boca de todos nestes intres e nos vindeiros anos. O ponente, Xosé Manuel Beiras. O político compostelá chega esta tarde (20:30 horas) ao Hotel Coia de Vigo para ofrecer unha charla sobre ‘A crise económica. Consecuencias e alternativas’, organizada polo Encontro Irmandiño dentro do ciclo preparatorio de encontros para a celebración da súa III Asamblea Nacional.
Unha visión lúcida, descarnada e directa desde unha perspectiva de esquerdas que vai máis alá do mero anecdotario. A guerra do capital financieiro contra o resto do mundo, a primacía dos Estados Unidos no Fondo Monetario Internacional… unha postura que quere compartir con todos os interesados no tema. Ao final, coloquio.