Comarcas

O novo centro de saúde de Gondomar en funcionamento

O novo centro de saúde de Gondomar, que iniciou a súa actividade na tarde do pasado venres dia 22 de novembro, está funcionando con absoluta normalidade.

Así o constataron este luns o director de Procesos Asistenciais da Área Sanitaria de Vigo, Alfredo Silva, e a directora de Atención Primaria, Elena Lorenzo, que achegáronse ao novo edificio sanitario para comprobar in situ o correcto funcionamento das súas instalacións e sistemas, rexistrar as incidencias que poideran rexistrase nestes primeiros días de actividade, e realizar os axustes adaptativos necesarios.

Máis de 2 millóns de euros de investimento

O novo centro conta cunha superficie construída de 1.611,20 m2, o que supón un incremento de 990 m2, un 159,45% máis respecto ao espazo do que se dispoñía ata agora.

Na área médica dispón de 6 consultas de medicina xeral, 6 de enfermería, 1 consulta de matrona e 1 sala de educación social, unha sala de toma de mostras, unha sala técnica, 1 sala polivalente e 1 sala de atención ás Urxencias. Na área pediátrica conta dunha consulta de pediatría e unha de enfermería pediátrica. Tamén dispón, entre outras dependencias, dunha área de admisión e un espazo específico para traballo administrativo así como de dous locais de Almacén.

O centro de saúde de Gondomar atende a unha poboación de 10.615 tarxetas sanitarias, das que 1.178 son menores de 15 anos.

You may also like