Destacados Vigo al minuto

O doutor Ramón Tubío, do Complexo Hospitalario de Vigo, distinguido coma un dos mellores pneumólogo de Europa

O doutor Ramón Tubío,  pneumólogo do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) ,resultou gañador da recente competición organizada pola Sociedade Europea de Pneumoloxía e coñecida como «ERS Championship in  Respiratory  Medicine».

A competición celebrouse recentemente en Madrid, onde levouse a cabo o congreso europeo de Pneumoloxía este ano. Ramón Tubío formou parte do equipo representativo de España, xunto a outros dous pneumólogos, Pilar Ortega, que traballa en Manchester, e Daniel López, do Hospital Gregorio  Marañón de Madrid.

No transcurso do campionato o equipo español bateu aos representantes de Reino Unido, Rusia e Italia.
O doutor Tubío destacou que «fomos seleccionados pola Sociedade Española de Pneumoloxía para a competición e saíunos moi ben, conseguimos 110 puntos, máis que os outros tres rivais».

Para o pneumólogo do CHUVI «esta vitoria é un exemplo máis do nivel que ten o servizo de Pneumoloxía de Vigo en España e tamén no ámbito europeo; de feito o gañar este concurso nun congreso europeo, que é case máis importante que o mundial, supón un recoñecemento ao ben que se fan as cousas no noso servizo, que está ao primeiro nivel».
Unha competición con experiencia

A «ERS  Championship in Respiratory  Medicine» celébrase desde fai uns 14 anos e está orientada a pneumólogos que teñen menos de 40 anos de idade. Esta edición é a segunda na que participa España.  A Sociedade Europea de Pneumoloxía ( ERS) designa cada ano a catro equipos doutros tantos países en orde rotatorio, que son os que compiten.

A competición consiste en contestar a 20 preguntas relacionadas coa pneumoloxía e cualificadas con entre 5 e 50 puntos en función da dificultade que entraña cada unha das cuestións.

Sexta acreditación europea
No mesmo congreso realizáronse as probas para a obtención da acreditación europea en sistemas respiratorios, conocido como o exame Hermes (Harmonised  Education  in  Respiratory  Medicine  for  European  Specialists).

O doutor Tubío presentouse ás devanditas probas e superounas con éxito. Isto supón que o servizo de Pneumoloxía do CHUVI dispón xa de seis facultativos coa mencionada acreditación europea.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.