Hoxe deu comenzo o servizo de socorrismo en once areais de Vigo, cunha ampliación de cobertura con respecto ao pasado ano de dúas praias. Ademáis das que teñen bandeira azul contarán con servizo de socorrismo Samil, Saiáns e O Agro, en Bouzas, en 26 postos de socorrismo e 40 profesionais en todo o concello.
En Cíes, nas praias de Rodas e Figueiras, haberá dous socorristas en cada praia de luns a venres e cubrirán o horario de 10:00 a 20:00 horas, coincidindo cos horarios de comenzo e finalización do servizo de transporte marítimo ás illas.
Tamén de luns a venres haberá dous socorristas nas praias de Saiáns, O Vao e Tombo do Gato entre as 16 e as 20:00 horas, coa excepción de Samil, praia na que pola gran afluencia de bañistas contará sempre con 6 profesionais.
Durante as fins de semana destes meses de xuño e setembro as 11 praias estarán cubertas polo persoal entre as 12:00 e as 20:00 horas, con dous socorristas en todas elas, a excepción de Samil.
A elo hai que engadir a presenza de tres responsables do servizo durante todo a tempada estival que velarán polo correcto funcionamento do mesmo. Xa durante os meses de xulio e agosto a concellería de Medioambiente ampliará a cobertura nos horarios de mañán e tarde. Tamén súmanse os efectivos de Protección Civil que traballarán de luns a venres en horario de 16 a 20:00 horas e de 11:00 a 20:00 horas durante as fins de semana.