O alcalde anunciou este luns que a Cabalgata dos Reis Magos do vindeiro domingo, 5 de xaneiro, gañará este ano uns 250 metros de percorrido e discorrerá tamén pola rúa Elduayen e o Paseo de Alfonso XII ata acabar en Pi e Margall. “Imos a prolongar o percorrido para poder acoller á maior xente posible”, sinalou Abel Caballero.
Así, as carrozas cos Reis Magos sairán do punto habitual en Isaac Peral, farán unha parada na Porta do Sol e continuarán posteriormente por Elduayen e Paseo de Alfonso, que tamén estarán valadas. “Hai que adaptarse e xa están traballando nos departamentos de Tráfico e Seguridade para establecer o plan de circulación”, engadiu.