Abel Caballero lembrou este mércores que Concello e Xunta pactaron en 2016 unha achega autonómica de 260.000€ ao ano para facer fronte ao custe do servizo dun autobús directo a Peinador, pero nunca se levou adiante, algo que sí se fixo noutras cidades, como Santiago.
O alcalde sinalou que 5 de setembro de 2016 a Xunta non contestou ás alegacións enviadas polo Concello, quen volveu remitir outro escrito á administración autonómica en 2017 que tamén quedou sen resposta. O Goberno local volveu enviar unha carta á Xunta no 2018 reclamando o autobús directo desde a cidade ao aeroporto que desta volta o executivo galego si contestou, esixindo a integración no transporte metropolitano da Xunta para facer efectivo o convenio.