Comarcas Destacados

Centos de veciños de A Cañiza maniféstanse ante a perda do médico do Centro Médico de Valeixe

Os veciños de Valeixe, aos que se sumaron todos os usuarios de todo o Punto de Atención Continuada (PAC) da Cañiza, manifestáronse este sábado para denunciar a perda do médico que atendía no Centro Médico desta parroquia, esixindo ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS) que se cubra de inmediato esa praza, e para clamar contra o “desmantelamento do medio rural por parte da Consellería de Sanidade”.

Segundo indicou o alcalde, Luis Piña, “ata o momento e a pesares de todas as reivindicacións levadas a cabo durante os últimos meses, non houbo unha resposta favorable por parte da administración. Ninguén buscou unha solución definitiva”.

O alcalde subliña que “a reducción deste servizo provoca que máis de 700 usuarios estemos sen médico dende hai varios meses polo que estamos obrigados a desprazarnos ata o PAC de A Cañiza pero en horario de tarde e só dous días na semana”. 

Ante isto, a solución é que un dos médicos do PAC de A Cañiza atenda a estes veciños “en determinadas horas” o que, segundo indican os mesmos causa unha atención moi precaria.

Dende a Xunta insisten en que as xubilacións de médicos de Atención Primaria son a causa de que a día de hoxe non se poidan cubrir as prazas vacantes xa que non hai substitutos.

 

You may also like