Tal cual. O presidente do Goberno de Galicia aseguraba, este xoves, en resposta ás preguntas dos xornalista que era optimista sobre a apertura do paritorio de Verín. Mesmo engadiu “creo que imos ter pediatra ou pediatras nas próximas semanas”.
Á mesma hora, na Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia o Partido Popular votaba en contra dunha proposta do BNG-apoiada por toda a aposición- na que se instaba ao Goberno presidido por Feijóo a que cambiase a súa decisión de suprimir este servizo.