Galicia

@Xunta adxudicará ata marzo todas as axudas en materia de vivenda para beneficiar a 6.000 familias

O presidente do Goberno de Galicia adiantou este luns que a Xunta convocará no primeiro trimestre deste ano todos os programas e liñas de actuación en materia de vivenda, por valor de máis de 34 millóns de euros, “que beneficiarán a 6.000 familias”. A contía supón un incremento dun 11% con respecto á de 2019.

Metido en campaña, o presidente Feijóo indicou que máis polo miúdo, esta mesma semana convocaranse as axudas dirixidas á adquisición de vivenda, tanto para menores de 35 anos en concellos de menos de 5.000 habitantes, como
as que están destinadas a centros históricos. E, ao longo do mes de febreiro e marzo convocaranse as ordes de apoio á rehabilitación de vivendas, entre as que destacan o Rehaluga, ás Áreas de Rehabilitación Integral, o Programa de infravivenda, o Programa de vivendas de mestres e as axudas de promoción de vivendas para o alugueiro e para o
alugueiro por persoas maiores e con discapacidade.

Despois dun percorrido esta mañá pola senda peonil de Cabana de Bergantiños e de visitar obras de rehabilitación das antigas vivendas de mestres para vivendas de aluguer, Feijóo precisou que “grazas ás tres convocatorias do programa de vivendas de mestres, xa se rehabilitaron 87 vivendas en 32 concellos, cun investimento de 3,3 millóns; e este ano, ao
longo de febreiro e marzo, tamén se destinarán 2,38 millóns neste eido, o que supón un 48% máis que en 2019, cando se destinaron 1,6 millóns”.

Estas vivendas adxudicaranse en réxime de aluguer con condicións vantaxosas a unidades de convivencia que non superen o Indicador Público de Renda de Efetos Múltiples (IPREM) para garantir que as axudas públicas redunden en
quen máis as necesita. E para a concesión da axuda de rehabilitación será necesario que o concello teña veciños inscritos no Rexistro único de demandantes de Galicia, sendo o concello o que determine os adxudicatarios que cumpran os requisitos establecidos.

Cómpre subliñar tamén que, desde 2019 é obrigatorio que as vivendas rehabilitadas con estas axudas se inclúan no Programa de vivendas baleiras da Xunta para impulsar a  adhesión dos concellos a esta iniciativa; e os adxudicatarios poderán acceder ao bono de aluguer social se compren os requisitos.

También te puede interesar