A presidenta da Deputación asegurou este martes que o presidente do PP de Galicia e da Xunta, e o seu vicepresidente, e Alfonso Rueda, están detrás da anunciada denuncia contra ela por parte do alcalde de Vilanova-o mesmo que dirixira insultos machistas a Carmela Silva-.
“Quero que a xente saiba que isto é unha estratexia ideada polo señor Feijóo e polo señor Rueda”, sinalou Silva, quen engadiu que “xa o fixeron cando gobernaba o bipartito, por tanto, a ninguén lle estrañan estes comportamentos”.
Segundo a presidenta- quen asegurou sentir unha “tremenda vergoña” por este comportamento e pediu perdón aos cidadáns porque “haxa persoas así na política”– este tipo de polémicas reflicte que o Partido Popular “está moi nervioso” porque “perderon o Goberno do Estado, perderon o goberno da Deputación e van perder a Xunta de Galicia”.
Hai que lembrar que o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, anunciou que emprendería accións penais contra Carmela Silva, á que cualificou de “presunta delincuenta”e da que, asegurou, forma parte dunha trama, dirixida dende a Deputación para paralizar obras e desviar fondos para o Concello de Vigo.