A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta vén de activar a alerta laranxa por un temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico adverso costeiro de nivel laranxa comezará este domingo pola tarde e afectará ao noroeste e o oeste da Coruña e á costa da provincia de Lugo.
Agárdanse ventos do suroeste e do sur que poden acadar forza 8 en torno a Bares e mar combinada do sur con ondas entre 5 e 6 metros. No resto do litoral galego a alerta será de nivel amarelo con mar combinada do sur con ondas de ata 5 metros e ventos do suroeste de forza 7.