Os manifestantes denunciaron o desmantelamento da sanidade pública e pediron a dimisión de Feijóo
Milleiros de persoas saíron á rúa en Compostela, desafiando á choiva, para denunciar o “desmantelamento o deterioro e a privarización” da sanidade pública de Galicia, “impulsados polo goberno galego e polo seu presidente, Alberto Núñez Feijóo”.
Os manifestantes atenderon á convocatoria feita por SOS Sanidade Pública, secundda por organizacións, asociacións, entidades, partidos políticos, sindicatos, profesionais e organizacións non gubernamentais, e pasado o mediodía saíron da Alameda e percorreron a capital de Galicia.
Berros coma ‘Feijóo dimisión!” escoitáronse durante o percorrido no que os asistentes clamaron por unha sanidade “universal, pública e de calidade” e esixiron o fin da “privatización, os recortes e o abandono” ao que a Xunta está a someter á sanidade de todas e de todos”.