Vigo al minuto

@depo_es centra a programación da súa nova sede de Vigo na Cultura e a Igualdade

Carmela Silva presentou este luns, nun almorzo con xornalistas, a programación na nova sede da Deputación en Vigo, que subliñou a presidenta deste organismo, cumpre coa intención de que a delegación sexa , «un espazo aberto á cidadanía».

Silva indicou que o programa para os vindeiros meses terá un dobre ‘leitmotiv’ a cultura e a igualdade e, ademáis, amosará un grande interese polas actividades de formación  e a preocupación por impulsar o emprendemento.

Cultura

No que atingue á Cultura o inmoble da rúa Chao recibirá  á propia Rosalía de Castro e ao pintor e escritor Modesto Brocos, o 24 deste mes coincidindo co Día de Rosalía- os dous percorrerán o Casco Vello dende as 7 da tarde.

Tres días antes, o 21, será o momento para, por medio do ‘Día do traxe galego’, reivindicar a necesaria proteción da nosa expresión propia, algo que fan de xeito admirable a zoqueira Elena Ferro e a ceramista Paula Ojea, Premios Nacionais de Artesanía.

O 11 de marzo abrirase ao público a exposición ‘Muller x muller’, da man de Rosa Sarmiento; o 14 de abril, a de ‘María Xosé Queizán‘, xigante da literatura e o movemento feminista galego, que amosará moitas das cousas que foi gardando ao longo da súa vida; tamén no mes de abril, unha exposición cos carteis que sairán nas manifestacións do #8M e, aínda sen data pechada, ecoa intención de que sexa ao aire libre, na propia rúa Chao, ‘O vento nas velas’, do fotógrafo Xurxo Lobato.

A Deputación tamén terá tempo e espazo para o ‘Día do Teatro’ (27 de marzo), o das Artes (1 de abril), o Día do Libro (23 de abril) e o da Música (21 de xuño).

Igualdade

A igualdade estará viva na nova sede da Deputación ao longo de todo o ano e moito máis na semana do 8 de marzo, ao abeiro do Día Internacional da Muller. Deste xeito, este mesmo martes, 11 de febreiro, ‘Día da Muller e da Nena na Ciencia’, vaise celebrar un encontro con mulleres do mundo da enxeñería, do Colexio Oficial de Enxeñería de Vigo, para visibilizar ás mulleres da ciencia e afondar nas matriculacións de mulleres en carreiras STEM,

Ao respecto, Silva adiantou que, xunto ao colexio, vaise poñer en marcha un proxecto para potenciar que as mulleres se incorporen a estas disciplinas académicas.

Xa con motivo do 8 de marzo, «imos facer múltiples actividades para berrar alto e claro contra a desigualdade e contra as violencias machistas. Este ano van xa 10 mulleres asasinadas e estamos enfadadas e fartas. É intolerable e por iso imos impulsar moitas iniciativas ligadas a este 8M», asegurou Carmela Silva.

Así, o 3 de marzo inaugurarase ás 20.00 horas a exposición «Sempre marzo», coordinada pola poeta Yolanda Castaño, que recolle unha selección de arte plástica e poesía a cargo de 33 creadoras e creadores galegas/os sobre igualdade e feminismo.

Un día despois, o 4 de marzo, terá lugar a actividade «Letras en feminino», na que participarán autoras de narrativa e poesía coa finalidade de «visibilizar a revolución da literatura en Galicia, onde as mulleres están a ocupar grandes espazos».

Tamén enmarcada na semana do 8M,terá lugar unha sesión de cinema en feminino con proxección de «Ouaga Girls», «Visións» e «Sonita» os días 5,6 e 9 de marzo, respectivamente, ás 20.00 horas.

Formación e Emprendemento

Serán parte importante da  programación da nova sede e os días 13, 14, 17, 18, 19 e 20 de febreiro terá lugar o proceso de selección ligado ao programa europeo «Labora 2020». «Trátase dun programa que ten por obxectivo impulsar 11 itinerarios personalizados para a mellora da formación e empregabilidade  e encamiñados a acadar un certificado de profesionalidade», comentou Carmela Silva.

En total en Vigo foron 250 as persoas que presentaron a súa solicitude para participar en cursos centrados en hostalería, dinamización do tempo libre, socorrismo que comezarán a partir de marzo.

Ao mesmo tempo xa funciona o programa «SmartPeme», que está a prestar asesoramento individualizado a persoas autónomas e emprendedoras, así como a impartir cursos de formación relacionados coas novas tecnoloxías.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.