O ciclo SON(S) Ferrol continúa a súa aposta pola calidade musical e polo eclecticismo este 2020. Grandes figuras de pegada internacional e nacional estarán presentes ao longo de todo o ano en varios espazos da cidade polos que pasaron o ano artistas como Curtis Harding, Andrés Calamaro, Maika Makovski e Los Enemigos.
Como sinalan os organizadores, “ter a James Rhodes en Galicia sempre é unha marabilla, e non só pola súa música, senón polo que representa. Hai pouco no seu Twitter preguntaba como conseguir unha camiseta con referencias a nosa terra, e sempre que estivo aquí, escribiu comunicados en galego ademais de ter falado marabillas da cultura e da gastronomía. Poida que veña doutro país, pero demostra máis respeto pola pluralidade cultural que moitos nativos, e quizais é iso o que fai único cada concerto. Porque escoitalo falar, e sobre todo, tocar o piano, é sentir o poder de sanar da música, de que a pesar de todo o malo que nos ocorra, sempre haberá cousas que están por riba de todos os nosos demos”.