Cultura Vigo al minuto

150 persoas participan en Vigo nas Xornadas de Cardiopatías Conxénitas

Un total de 150 persoas participaron este sábado nas III Xornadas de Cardiopatías Conxénitas celebradas no Hospital Álvaro Cunqueiro. O evento foi inaugurado polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, que estivo acompañado polo xerente da Área Sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña.

No transcurso da súa intervención, o Conselleiro anunciou que o seu departamento está ultimando un protocolo para a prescrición de exercicio físico nos nenos diagnosticados dunha cardiopatía, en colaboración con cardiopediatras, fisioterapeutas, enfermería, profesores de educación física e representantes da Consellería de Educación.

As xornadas,organizadas por ‘Late Corazón!’, Asociación Gallega de Cardiopatías Conxénitas e a Comunidad Virtual C.C. de É-Saúde, contou cos relatorios de persoal médico e de enfermaría asi como con mesas redondas e obradoiros de profesionais sanitarios, pacientes, familiares e asociacións afíns a estas doenzas. En paralelo,  desenvolveuse unha programación específica infantil, xa que tamén participaron unha trintena de nenos e nenas que puideron aprender técnicas de Reanimación Cardiopulmonar; a tomarse o pulso; e conceptos básicos sobre o corazón, a súa anatomía  e funcionamento. Ademais, tamén se divertiron con obradoiros de cociña e papiroflexia.

As cardiopatías conxénitas son alteracións estruturais do corazón producidas por defectos  na súa formación durante o período embrionario. Trátase das enfermidades conxénitas con maior incidencia poboacional, afectando a o 1% da poboación en España.

También te puede interesar