A Asociación VigoHistorico vén de facer pública a súa posición fronte a “idea” publicada nos medios sobre a ampliación do túnel de Elduayen. Ao seu entender, indican, un proxecto deste calado ten que pasar, “necesariamente”, por unha serie de trámites antes de facerse realidade.
Estes trámites, sinalan dende a asociación son a “elaboración dun proxecto, que debe conter o seu estudo de viabilidade técnica (xeotécnica, constructiva), estudo de impacto sobre o patrimonio, de impacto medio ambiental”, entre outros.
Tramitación dese proxecto, coa súa exposición pública, a recollida e resolución de alegacions, a aprobación do Pleno do Concello, a licitación e posterior adxudicación a empresa competente.
“Mentres este pasos non estean dados, non estamos ante un proxecto, estamos ante unha fantasía urbanística”, subliñan os responsábeis de Vigo Histórico quenes alertan de que “mentras nos entreteñen con estas fantasías, estase a desenvolver a realidade da construcción do túnel do Elduayen, que estimamos que é un atentado ao patrimonio, ao medio ambiente e a ordenación urbanística da cidade. Todo isto é promovido polo Concello que debería ser o primeiro defensor dos intereses patrimoniais e medioambientais da cidade”.