Os galegos reciclamos en 2019 un total de 51.967 toneladas de vidro, segundo informaron este mércores a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, e o xerente de zona Galicia-Asturias de Ecovidrio, Germán Fernández.
As gelegas e galegos depositamos no colector verde unha media de 66 envases cada un e, 19,3 quilos por habitante, superando a media do conxunto do Estado.
Cruz Ferreira salientou que a reciclaxe de vidro é unha mostra da implicación e toma de concienciación dos galegos coa economía circular, pois comparando as cifras actuais coas anteriores, en Galicia se recicla un 33% máis que hai cinco anos (39.119 toneladas en2014) e 7,6% respecto das cifras de 2018 (48.308 toneladas).
En canto á recollida por provincias, A Coruña foi na que máis se reciclou, cunha media de 19,1 kg/hab e un incremento de case 1.300 Tn respecto de 2018; seguida de Pontevedra (17,7 kg/hab ). As provincias de Ourense e Lugo acadaron unha taxa de reciclaxe de 16,8 kg/hab e 16,2 kg/hab, respectivamente. En termos porcentuais, destaca a subida en 7
puntos da provincia de Ourense, que pasou de reciclar 4.819 Tn en 2018 ás 5.154 no pasado ano.
Reducción da emisión de 40.000 toneladas de CO2 á atmosfera
Grazas ao esforzo realizado en 2019 evitouse a emisión de máis de 40.000 toneladas de CO2, é dicir, o equivalente a retirar máis de 19.200 coches de la circulación durante un año; ou a extracción de máis de 85.000 toneladas de materias primas da natureza, o equivalente a 8 veces o peso da Torre Eiffel; así como aforrar máis de 50.000 Mwh de enerxía equivalente ao consumo realizado por todos os hospitais de Galicia durante máis de dous meses.