Vigo al minuto

O Concello extrema as medidas para evitar o contaxio do coronavirus

Créase un comité de seguimento permanente e increméntase a atención ás persoas máis vulnerábeis

Ás medidas coñecidas este mércores súmanse outro paquete anunciado este xoves polo alcalde e que abrangue dende o transporte público, o reforzo da limpeza en todas as dependencias, inmobles e servizos dependentes do Concello ou intensificar o seguimento aos usuarios de axuda a domicilio e persoas atendidas pola Concellería de Benestar Social.

Transporte público

Estase a realizar, a diario, a desinfeción dos autobuses de Vitrasa, con especial atención ás superficies de contacto – as barras, asentos e timbres para solicitar paradas-. Ademáis os trámites para calquera xestión relacionada coa tarxeta PassVigo deberán ser con cita premia chamando ao teléfono 986919299.

No que se refire aos taxis, os taxistas, ademáis de limpar con desinfectante, logo de cada viaxe, as zonas de maior contacto dos pasaxeiros, propoñen incentivar pagos con tarxeta, que o cliente se sente sempre atrás ou que sexan os propios taxistas os que abran e pechen as portas do vehículo.

Limpeza e subministro de auga

A empresa concesionaria Aqualia  activou un protocolo interno para os seus traballadores e os seus centros de traballo: medidas de teletraballo, evitar reunións presenciais, plan de continxencia ante a eventual falta de subministro de equipos ou suspensión de visitas.

Urbaser, responsable da limpeza do concello e outras 44 dependencias municipais, tamén impulsou un protocolo de actuación contra o coronavirus que, en primeiro lugar, suporá un reforzo da limpeza en horas de maior afluencia de público, para manter limpas as superficies de contacto: mostradores, pulsadores, barandillas, ascensores. No Concello reforzouse a limpeza pola mañá con 2 persoas máis na planta baixa, 1 persoa máis nas primeiras e segundas plantas e 2 persoas máis para o resto do edificio.

Tamén se incrementou a desinfección das dependencias nos vestiarios e vehículos de Policía Local, de Protección Civil, Bombeiros, Cemiterios, albergue municipal (aseos, vestíbulo e zonas comúns), servizos de xardíns do Castro e Castrelos, así como dependencias do zoo.

Benestar Social

Desde Benestar Social, vaise realizar una chamada diaria a todos os usuarios para coñecer posibles situacións de risco e facilitar información. Na atención a domicilio, vaise facer un seguimento exhaustivo e continuo dos usuarios, ao tempo, o Concello dirixiuse á Xunta preguntando que medidas de contención ou prevención hai que adoptar neses fogares. Procederase á desinfección diaria do albergue e de Cedro, suspenderanse o programa de avellentamento activo. No programa de Infancia e familia, en ludotecas, bibliotecas e aulas de estudo adoptaranse medidas, ao mesmo tempo que o determine a Xunta, administración competente en materia de centros educativos. Nesta mesma situación se atopan o Vigosónico e a Casa da Xuventude.

Suspéndense

Queda suspendida a programación dos Centros cívicos de Casco Vello, Teis, Coruxo, Bouzas e Saiáns, os cursos da Concellería de Emprego e todas as actividades das escolas deportivas municipais. O alcalde xa dera conta onte do aprazamento do Cross Escolar e a Liga escolar de natación.

Nos colexios xa se repartiron dispensadores do xel hidroalcohólico en todos os centros públicos de primaria, institutos, escolas municipais, Instituto Municipal de Educación, bibliotecas de Navia e UNED. Estanse a reforzar todas as medidas de limpeza nos centros educativos (excepto nos institutos porque non son competencia municipal).

Anúlanse todas as actividades en escolas municipais, as visitas de centros educativos a dependencias municipais, o programa Imatxina ou Bibliotecas Vivintes. Para a inscrición de Escolas Infantís e Vigo en inglés, recoméndase a inscripción telemática ou telefónica.

No ámbito da cultura, aprázanse todos os concertos de corais, así como a programación do Mar de Vigo e a do Auditorio Municipal.

Violencia de xénero

Nos casos de violencia de xénero teñen que ser atendidas de xeito inmediato polo que se establecerá un sistema para que non haxa máis de dúas persoas en espera. Van permanecer abertas pero sen actividade a Casa das Mulleres e o Centro de Recursos Feministas.

O rexedor deu conta tamén do aprazamento das actividades de normalización lingüística, así como da suspensión das visitas escolares ao zoo, instalacións que non pechan porque non hai perigo de aglomeracións de persoas. Paralízanse as actividades do Camiño a camiño e os cursos de voluntariado e de hortas urbanas.

También te puede interesar