Debido á situación de alerta decretada en España pola evolución do coronavirus e a indicación ao cidadán de quedarse na casa, dende a web novocinemagalego.info propoñen o “seguinte ciclo de filmes para que as persoas podan ter máis opcións para entreterse”.
Son as películas: Vikingland, Xurxo Chirro, 2011; O Quinto Evanxeo de Gaspar Hauser, Alberto Gracia, 2013;Todos vós sodes Capitáns, Oliver Laxe, 2010; Hyohakusha (Caminante sin rumbo), Xisela Franco e Ánxela Caramés, 2015; Ser e Voltar, Xacio Baño, 2015;Bs. As., Alberte Pagán, 2006; Leo y Mario (se dejan), Sonia Méndez, 2011; N-VI, Pela del Alamo, 2012; Rapa das Bestas, Jaione Camborda, 2017; Montaña en Sombra, Lois Patiño, 2012; Listen to me, Carla Andrade, 2016; O Cazador, Ángel Santos, 2008.