No marco do Plan de Continxencia que a Área Sanitaria de Vigo ten deseñado para a atención aos pacientes con patoloxía relacionada co COVID-19, a Xerencia vén de aprobar cambios no servizo de Urxencias, “un dos sometidos a un maior impacto e presión asistencial”.
O obxecto destes cambios é delimitar dúas áreas, unha para pacientes con sospeita de enfermidade respiratoria por COVID-19 e outra área para o resto de patoloxías urxentes.
Maior delimitación de Urxencias Pediatricas
Neste contexto, a partires deste martes, queda delimitada aínda máis a área de Urxencias pediátricas, concentrando esta atención nos espazos ocupados ata hoxe polo servizo de Hospitalización a Domicilio (HADO). Así, esta mañá HADO trasladouse á Area de Docencia (planta 0), e neses espazos liberados por este servizo habilitouse un posto de Admisión de Urxencias pediátricas – propias e independente da de adultos-; un Posto de Triaxe e unha sala de espera para nenos. A porta de acceso exterior é diferente á que víñase utilizando habitualmente para entrar nas Urxencias pediátricas.
Patoloxías non respiratorias de adultos
A zoa liberada das Urxencias pediátricas se destina á atención das patoloxías Non respiratorias de adultos, ampliando así o chamado “circuíto de limpo“. Conta cun Posto de Triaxe específico e unha Sala de espera para aqueles pacientes que achéganse a Urxencias por outros motivos diferentes aos relacionados co coronavirus.
O obxectivo destes movementos é dobre: por un lado, evitar calquera tipo de contacto entre os pacientes pediátricos e os adultos; e por outra banda, dispoñer dun espazo máis amplo para a atención das patoloxías Non respiratorias de adultos.
Tres Unidades de Hospitalización
No referido á hospitalización, neste momento hai dúas Unidades destinadas ao ingreso e atención exclusiva dos pacientes con diagnóstico confirmado de COVID-19. Son as emprazadas na planta terceira, nas Velas C e D.
Ademais, destinouse a Vela C da segunda planta á atención aos pacientes con sospeita de padecer a enfermidade pero aínda non está confirmada.
Catro equipos COVID-19
No referido aos profesionais, tal e como tense informado, os pacientes están sendo atendidos polos equipos específicos constituídos a tal fin, os catro Equipos COVID: un equipo de Urxencias, formado por un facultativo, un profesional de enfermaría e un TCAE, que se encargan de atender aos pacientes con criterio clínico e epidemiolóxico sospeitosos nos circuítos dese servizo.
O segundo Equipo é de hospitalización, liderado por un internista especializado en infecciosas ou un neumólogo, que se encargan de realizar o ingreso destes pacientes, atendelos nos seus cuartos e facer o seu seguimento.
O Equipo de Seguimento Compartido de Atención especialidade (ESCAH), é un equipo de Hospitalización a Domicilio. Composto por 1 facultativo e 1 enfermeira, responsabilízase do seguimento clínico dos casos positivos en illamento domiciliario, e de coordinar, se fose necesario, os ingresos no hospital.
En canto á realización de Test PCR, continúan operativos 7 equipos de extracción de mostras domiciliarias ademais do dispositivo fixo no Hospital Meixoeiro, o COVID-Auto. A dia de hoxe, a área de Vigo leva realizadas 1.860 destas probas diagnósticas.