Galicia

O Goberno fixo envíos de material sanitario á Xunta todos os días dende o día 17, e antes os días 10, 11 e 13 de marzo

A Xunta investirá 7 millóns de euros na contratación de personal médico e compra de material preciso para combater o coronavirus. Así o dixo no presidente Feijóo na súa comparecencia este xoves no Parlamento de Galicia indicando que o seu goberno aprobará destinar esas cantidade para  contratar 358 profesionais en formación- entre eles 39 residentes na Área Vigo, como informara vigoalminuto este mércores.

O presidente Feijóo, quen advertiu que o peor do contaxio por coronavirus aínda non chegou a Galicia e que aumentará a ‘presión asistencial’ sobre os hospitais do Servizo Galego de Saúde, subliñou que a XUnta comprará máis material sanitario-en especial máscaras, batas e desinfectantes- ademáis de probas de diagnose do COVID-19.

578.000 unidades de equipamento por parte do Goberno

Esta petición de material anunciada polo presidente da Xunta súmase ás 578.030 unidades de equipamento sanitario enviadas a Galicia polo Goberno do Estado. O mesmo está composto por 345.000 luvas de nitrilo, 212.933 máscaras tanto de protección respiratoria como cirúrxicas, 3.071 mergulladores, 1.850 batas, 1.776 unidades de solución hidroalcohólicas e 13.400 unidades de distinto material, coma gorros ou delantais.

O Goberno central fixo chegar material á Xunta dende o pasado 10 de marzo, con remesas os días 11 e 13-antes de que se declarase o ‘Estado de Alarma’. Dende que se establecera o mesmo, o Ministerio de Sanidade realizou envíos todos os días- chegando a 561.000- dende o martes, 17 de marzo, agás a fin de semana do 21 e 22.

 

 

También te puede interesar