O Concello das Neves iniciou este xoves unha “desinfección total” dos lugares máis transitados da vila-preto de gasolineiras, farmacias, supermercados, panaderías, bancos, parada de taxis, tendas, o Centro de Saúde, prazas ou a oficina de Correos-, ademais de todos os edificios públicos, coma o propio Concello o Mercado ou as dependencias de Servizos Sociais- un traballo que seguirá a semana que ve, e que se repetirá as vindeiras, coa finalidade de “reducir ao máximo o risco de contaxio por coronavirus”, sinala o segundo tenente de alcalde e concelleiro de Servizos Públicos, Óscar González.
Este traballo está a ser posible grazas á colaboración “totalmente altruísta” de Talleres La Almudena, que non so vén de ceder un tractor ao Concello para poder levar adiante este labor, senón que puxo a disposición da mesma a dous dos seus empregados que, xunto cun traballador municipal, están a realizar a limpeza.
O Concello aporta os 300 litros de ‘Aquimian’, o bactericida que está a empregarse na desinfección e os Equipos de Protección Individual (EPIs), compostos por buzos, luvas, máscaras e gafas.
Desinfección dos colectores do lixo e composteiros
Ao mesmo tempo que se realiza este traballo, o Concello vai a desinfectar todos os colectores do concello, que están repartidos en 330 puntos, un traballo que se repetirá as veces que sexa necesario para que diminúa ao máximo calquera risco que puidese existir ao deixar o lixo. Xunto cos contedores tamén están a desinfectarse todos os centros de compostaxe públicos das Neves.
Tamén do interior de todos os edificios públicos
Para poder facelo a fondo, as profesionais da empresa Arcoiris, que dende hai máis de 20 anos ten contrato co Concello para a limpeza dos colexios e do Centro de Día, sumáronse ás empregadas municipais, unha medida que non so permitirá realizar este labor, senón que axudará a que aquelas traballadoras non se vexan abocadas a un Expediente Temporal de Regulamento de Emprego (ERTE).
O traballo, que están a desenrolar durante 5 horas polas tardes (no mesmo horario de limpeza dos centros de ensino e o de día) empezou onte coa desinfección completa do Mercado Municipal, para “garantir a total seguridade na venta deste venres”, e seguirá xa durante o resto dos días, de xeito que os inmobles públicos sexan esterilizados a diario.