Galicia

A pensión media en Galicia é de 856,96€, a segunda máis baixa do Estado

A media das pensións que cobran 765.978 persoas en Galicia -xubilación, viuvez, incapacidade ou orfandade- era á principios deste mes de marzo de 856,96€ ao mes– 151€ menos que os 1.008 do conxunto d Estado-dacordo cos datos difundidos este venres polo Ministerio do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

Os pensionistas galegos viven, maioritariamente na provincia da Coruña -299.748- e Pontevedra -242.662-; fronte aos 115.770 da de Lugo e 0s 107.798 da provincia de Ourense.

Xubilación

De todas elas, 479.695 cobran unha prestación por xubilación que é, de media, de 891,93€ mensuais, sendo os que máis cobran os xubilados ourensáns-preto de 905€-, seguidos dos da Coruña-898€-, os de Pontevedra-887€- e os de Lugo-menos de 875€-.

Viuvez

A media desta pensión en Galicia é de 610,70€ ao mes – a 121,5€ da media do Estado que é de 723,22€- As pènsións de viuvez máis altas se cobran na provincia da Coruña-650€ de media-; seguida de Pontevedra-636€-Ourense-534-e Lugo-preto de 524€-.

 

También te puede interesar