Marea de Vigo ven de pedir á Xunta que “Povisa, Concheiro, O Castro, Fátima e calquera hospital privado queden de inmediato intervidos e a disposición do Servizo Galego de Saúde (Sergas) antes de explorar calquera outra opción como a reserva de hoteis e mesmo a eventual apertura de edificios sanitarios que por desgraza levan anos pechados como o CIES ou o Rebullón, centros nos que habilitalos requerería poñer recursos loxísticos e de desinfeción que agora son escasos e urxentes nos que permanecen abertos”.
Marea de Vigo igualmente considera que a Xunta ten que impedir que coa situación de alarma, hospitais privados despidan persoal “como está a acontecer nos da rede da empresa sanitaria privada HM”, con centro en Vigo e en Compostela. “Os cadros de persoal deben estar ao 100×100 para ser útiles ao reforzo do sistema sanitario público da área sanitaria de Vigo” conclúe o voceiro municipal.