Dende este martes, día 31 de marzo, as familias beneficiarias das bolsas de comedor escolar da Xunta, poderán solicitar as axudas destinadas a facilitar este servizo durante o tempo que dure a suspensión da actividade escolar por mor da crise do coronavirus.
A Consellería de Educación sinala que abonarase o menú dos días lectivos a aquelas familias que durante o curso recíbano de modo gratuíto ou pagando 1€, naqueles centros no que a propia consellería era quen xestionaba directamente o comedor.
A presentación das solicitudes-que será única e na que se incluirán todos os fillos que vaian ao comedor- poden facerse na web da Xunta ou, no caso de familias sen Internet, por medio dos centros onde estean escolarizados os alumnos.
Seundo os datos da Xunta, preto de 45.000 alumnos beneficiaranse desta convocatoria, uns 40.480 de modo gratuíto, a quen se abonará 2,5€ ao día.