É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másO Concello contrata un servizo de comidas para reforzar as entregas a domicilio e facer posible as do fin de semana
O alcalde adiantou este venres que o Concello contratará un servizo de comidas de Vigo para reforzar a entrega ao domicilio das persoas e familias máis vulnerables e garantir que lles chega a fin de semana.
Abel Caballero explicou hoxe na diaria ‘rolda de prensa on line’ que segue en funcionamento o servizo de ‘Xantar na Casa’ e tamén están entregadas as becas de comedor por neno a máis de 1.000 familias. Ademais, insistiu en que para evitar que ninguén vaia aos comedores sociais, o Concello xa está a levar a comida a súa casa entre entre 400 e 500 persoas. O problema é que os comedores sociais, que estaban a facer os menús que se entregaban, non poden asumir tanta xente, polo que se contratará un servizo externo a unha empresa viguesa que tamén cociñará as fines de semana, días nos que non o facían os comedores sociais.
Albergue
Pola súa banda, a cociña do albergue municipal de Marqués de Valterra xa repartiu, desde o 16 de marzo, un total de 3.254 menús, entre os almorzos, comidas e ceas do propio albergue, do pavillón do Berbés e do servizo a domicilio.
Axudas de emerxencia
Polo que ten que ver coas ‘Axudas de Emerxencia’, Caballero infomou de que este xoves “repartíronse máis de 100” cun importe de case que 30.000€, polo que a suma desde o inicio da crise do coronavirus é de 250.000€. O alcalde volveu a insistir en que aquelas persoas que precisen axudas que chamen ao teléfono 010, “ninguén vai quedar en Vigo sen axuda”, subliñou.