O Diario Oficial de Galicia publica este martes o acordo do Goberno galego no que se establece que os centros sanitarios e sociosanitarios deberán dar conta dos casos positivos por coronavirus e das infeccións respiratorias agudas rexistradas “tanto nas persoas usuarias como no persoal”.
Polo que se refire aos casos confirmados de COVID-19, os datos deberán ser comunicados de forma diaria á Dirección Xeral de Saude Pública entre as 15,00 e as 18,00 horas. Esta orde é de obrigado cumplimento por parte de todas as residencias, públicas e privadas.
Até hoxe os datos da mortes con coronavirus que difunde a Consellería de Sanidade por medio do Servizo Galego de Saúde (Sergas) non recolle as mortes rexistrados fóra dos hospitais e os datos sobre as dos falecementos nos centros de maiores son facilitados, de xeito diferenciado, pola Consellería de Servicios Sociais.