Os concelleiros do grupo socialista do Concello de Vigo “doarán o 30% da súa nómina do mes de abril ás arcas municipais con motivo do Covid-19.” Secundan, así a decisión do alcalde, que xa anunciou que renuncia ao 50% do seu salario deste mes, como informó vigoalminuto, e o Grupo Municipal do Partido Popular, que tamén anunciou unha doazón da mesma porcentaxe dos seus ingresos deste mes ao Servizo Galego de Saúde (Sergas).
Segundo informan dende o Concello, “os edís adoptan esta posición conxunta como un xesto nestes momentos de crise
sanitaria. A estes efectos e para xestionar o desconto efectivo na nómina, realizarán unha comunicación conxunta ao servizo de Tesourería”.